O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:
FORMACIÓN EN PERMACULTURA E AGRICULTURA ORGÁNICA – FC2023F115002
OBXECTIVOS:
Comprender os principios da saúde do solo .
Coñecer os compoñentes do solo dende o punto de vista da agricultura orgánica.
Aprender a fabricar e aplicar os insumos e biopreparados acordes as necesidades do solo e da producción hortícola.
PROGRAMA:
O solo un ser vivo. Principios dun solo sano. A teoría da trofobiose. A microbioloxía do solo.Conclusións.
Elaboración de abono bocashi.Elaboración de biofertilizante. Conclusións.
Reproducción de microorganismos nativos de bosque elaboración de carbón activado.Elaboración de trampas de arroz para captura de microorganismos e reproducción de bacterias fixadoras de nitróxeno. Conclusións.