O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

SEGURIDADE EN TRABALLOS DE MANTEMENTO DE ZONAS VERDES DE ESPECIAL DIFICULTADE CON RISCO DE CAÍDA A DISTINTO NIVEL – FC2023F115008

OBXECTIVOS:

Nos traballos de mantemento de espacios verdes existen diversas situacións de risco nas que por mor de traballar en altura, sobre escaleiras ou en zonas de taludes, os accidentes laborais por caidas a distinto nivel poden ter incidencias tráxicas. Esta xornada está dirixida a profesionais ou aquelas persoas que se incorporan á actividade de xardinaría onde se fan traballos de control de biomasa, poda de árbores, poda de setos, etc.

Nesta xornada, totalmente práctica, farase fincapé en todas estas situacións de risco, como controlalas mediante sistemas anticaídas, procedementos de traballo, e manexo seguro de todas as máquinas que se empregan nestas actividades, así como outras ferramentas manuais.

PROGRAMA:

TRABALLOS EVENTUAIS DE PODA EN ALTURA MEDIANTE CORDAS, TRABALLO DENDE ESCALEIRA E ANDAMIOS
TRABALLOS DE MANTEMENTO DA BIOMASA EN TALUDES, EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL E EMPREGO SEGURO DE MAQUINARIA

ESTA ACTIVIDADE PRECISA DA COBERTURA DUN SEGURO DE ACCIDENTES POLOS POTENCIAIS RISCOS DURANTE O SEU DESENVOLVEMENTO