Ciclo formativo de Grao Superior de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humáns dispoñibles, aplicando criterios de rendabilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.
MÓDULOS
1º Curso
2º Curso
Botánica agronómica. Xestión e organización do viveiro. Fitopatoloxía. Topografía agraria. Maquinaria e instalacións agroforestais. Conservación de xardíns e céspedes deportivos. Formación e orientación laboral.
Planificación de cultivos. Xestión de cultivos. Deseño de xardíns e restauración da paisaxe. Empresa e iniciativa emprendedora. Proxecto de paisaxismo e medio rural. Formación en centros de traballo.
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 26 correspondentes ao Proxecto de Paisaxismo e Medio Rural e 384 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN: Técnico/a Superior de Paisaxismo e Medio Rural.
SAÍDAS PROFESIONAIS
Exercer a actividade na área de xestión en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, adicadas á instalación, restauración e mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica e produción de sementes e prantas en viveiro.
Organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa vixente.
Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría
Ciclo formativo de Grao Medio de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar operacións de implantación, deseño, mellora e conservacións de xardíns tanto de interior como de exterior, para a comercialización de material vexetal e de xardinaría en axeitadas condicións de hixiene, seguridade e respectuosas co medio ambiente e para o manexo de maquinaria propia dos labores de xardinaría.
MÓDULOS
1º curso
2º curso
Fundamentos agronómicos. Taller e equipamentos de tracción. Infraestruturas e instalacións agrícolas. Principios de sanidade vexetal. Implantación de xardíns e zonas verdes. Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro. Formación e orientación laboral.
Control fitosanitario. Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes. Composicións florais e con plantas. Establecementos de floraría. Técnicas de venda en xardinaría e floraría. Empresa e iniciativa emprendedora. Formación en centros de traballo (FCT).
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 410 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN: Técnico/a en Xardinaría e Floraría
SAÍDAS PROFESIONAIS
Traballar en empresas públicas e privadas, adicadas á instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas.
Desenvolvemento de actividades de comercialización e distribución das mesmas, tanto por conta propia como allea.
Realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa, e dacordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.
Benvidos á web do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo está adscrito á Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia
Ten como obxectivo respostar ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural.
A formación que se imparte no CFEA de Guísamo axústase ás características da súa zona de influencia e basease nos principios de solidariedade, respecto e sostibilidade humana e ambiental, potenciando deste xeito o aproveitamento dos recursos do lugar.