A oferta formativa de ensinanzas regradas do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo inclúe, para o curso 2024-2025, o Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría no réxime de persoas adultas na modalidade a distancia e no réxime DUAL
Podedes atopar máis información sobre o proceso de admisión a ciclos formativos na web da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional
O Ciclo formativo de Grao Medio de Xardinaría e Floraría proporciona os coñecementos necesarios para realizar operacións de implantación, deseño, mellora e conservacións de xardíns tanto de interior como de exterior, para a comercialización de material vexetal e de xardinaría en axeitadas condicións de hixiene, seguridade e respectuosas co medio ambiente e para o manexo de maquinaria propia dos labores de xardinaría.
MÓDULOS | |
1º curso | 2º curso |
Fundamentos agronómicos. 159 horas Taller e equipamentos de tracción. 160 horas Infraestruturas e instalacións agrícolas. 107 horas Principios de sanidade vexetal. 107 horas Implantación de xardíns e zonas verdes. 134 horas Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro. 186 horas Formación e orientación laboral. 107 horas | Control fitosanitario. 87 horas Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes. 176 horas Composicións florais e con plantas. 140 horas Establecementos de floraría. 87 horas Técnicas de venda en xardinaría e floraría. 87 horas Empresa e iniciativa emprendedora. 53 horas Formación en centros de traballo (FCT). 410 horas |
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 410 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN: Técnico/a en Xardinaría e Floraría
SAÍDAS PROFESIONAIS
Traballar en empresas públicas e privadas, adicadas á instalación, mantemento e mellora de xardíns de interior, exterior e zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas.
Desenvolvemento de actividades de comercialización e distribución das mesmas, tanto por conta propia como allea.
Realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa, e dacordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.
Suplemento Europass
O Suplemento Europass é un documento adxunto a un Título oficial de Formación Profesional, destinado a facilitar a comprensión a terceiros, en particular a empleadores ou institucións doutro país, do significado do Título en términos das competencias adquiridas polo titular.
O Suplemento Europass non é un sustituto do título oficial senon un complemento informativo en inglés.
Podes obter máis información sobre o suplemento Europass nesta ligazón da web TODOFP do Ministerio de Educación e Formación Profesional