A oferta formativa de ensinanzas regradas do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo inclúe, para o curso 2024-2025, o Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural no réxime de persoas adultas na modalidade a distancia e no réxime DUAL.

Podedes atopar máis información sobre o proceso de admisión a ciclos formativos na web da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional

O Ciclo formativo de Grao Superior de Paisaxismo e Medio Rural proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humáns dispoñibles, aplicando criterios de rendabilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais. 

MÓDULOS
1º Curso 2º Curso
Botánica agronómica. 80 horas
Xestión e organización do viveiro. 213 horas
Fitopatoloxía. 107 horas
Topografía agraria. 107 horas
Maquinaria e instalacións agroforestais. 186 horas
Conservación de xardíns e céspedes deportivos. 160 horas
Formación e orientación laboral. 107 horas
Planificación de cultivos. 193 horas
Xestión de cultivos. 209 horas
Deseño de xardíns e restauración da paisaxe.  175 horas
Empresa e iniciativa emprendedora.  53 horas
Proxecto de paisaxismo e medio rural. 26 horas
Formación en centros de traballo. 384 horas

DURACIÓN

dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 26 correspondentes ao Proxecto de Paisaxismo e Medio Rural e 384 correspondentes ao módulo de FCT.

TITULACIÓN: Técnico/a Superior de Paisaxismo e Medio Rural.

SAÍDAS PROFESIONAIS

Exercer a actividade na área de xestión en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, adicadas á instalación, restauración e mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica e produción de sementes e prantas en viveiro.

Organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa vixente.


Suplemento Europass

O Suplemento Europass é un documento adxunto a un Título oficial de Formación Profesional, destinado a facilitar a comprensión a terceiros, en particular a empleadores ou institucións doutro país, do significado do Título en términos das competencias adquiridas polo titular.

O Suplemento Europass non é un sustituto do título oficial senon un complemento informativo en inglés.

Podes obter máis información sobre o suplemento Europass nesta ligazón da web TODOFP do Ministerio de Educación e Formación Profesional