Solicitude:MR203B – Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.A persoa interesada dirixirá a súa solicitude á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio RuralDocumentación:SolicitudeXustificante de aboamento da taxaCopia do carné (só no caso de renovación. A solicitude de renovación do carné poderá realizarse dentro dos 12 meses anteriores á finalización do periodo de validez)Orixinal ou copia autenticada do título universitario, só no caso de non autorizar a consulta dos datos (validación polo Real decreto 1311/2012)Orixinal ou copia autenticada do ciclo formativo da rama Agraria, só no caso de non autorizar a consulta dos datos (validación polo Real decreto 1311/2012)Orixinal ou copia autenticada do certificado de profesionalidade emitido pola Consellería de Emprego e Igualdade (validación polo Real decreto 1311/2012)Copia do DNI o NIE, só no caso de non autorizar a consulta dos datos.No caso de que o solicitante realizase un curso de capacitación fóra da CA de Galicia, deberá achegar:Orixinal ou copia autenticada do certificado que acredite a realización do cursoOrixinal ou copia autenticada da resolución de autorización do curso realizado emitido pola CA que correspondaOrixinal ou copia autenticada do documento que acredite a residencia do solicitante na CA de Galicia como, por exemplo, escritura da propiedade, contrato de arrendamento en vigor e último recibo pagado, contrato ou factura actual expedido pola compañía subministradora de teléfono, auga, gas, electricidade, etc.Información sobre o pagamento da taxa. Códigos:CONSELLERÍA-MEDIO RURAL-CÓDIGO 09DELEGACIÓN-SERVIZOS CENTRAIS-CÓDIGO 13SERVIZO-AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA-CÓDIGO 17DENOMINACIÓN TAXA-310407O importe da taxa pode consultalo no seguinte documento (código 31.04.07.04)Nota: A persoa solicitante deberá achegar o xustificante de pagamento (no caso de efectuar o pago a través da ligazón anterior é importante que non se confunda co recibo de pago con tarxeta).Presentación electrónicaA solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, así como a chave concertada 365, no enderezo https://sede.xunta.gal/chave365.Presentación en soporte papelOpcionalmente, tamén se poderán presentar a solicitude presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e no Portal de Transparencia da Xunta de Galicia. |
Máis información na seguinte ligazón: