O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

VALORIZACIÓN DE MADEIRAS AUTÓCTONAS DE GALICIA DE CARA AO SEU EMPREGO EN CONTRUCIÓN: FABRICACIÓN DE VIGAS E TÁBOAS CON MOTOSERRA – FC2023F115009

OBXECTIVOS:

En Galicia existen moitos tipos de madeira autóctona como o castiñeiro, carballo, nogueira, cerdeira, etc, moi valiosas para empregar en construción sobre todo cando se trata de rehabilitacións. O problema está en conseguir madeiras longas para que sirvan para facer estructuras de tellados, porches, pérgolas ou outras construcións xa que os aserradoiros actuais non se adican a este tipo de produtos.

Por outra banda, tamén nos encontramos con bos exemplares de árbores pero, ás veces, dispersos, mal emprazados, e dificiles de extraer do monte. O que nos leva a que a madeira autóctona galega cada vez se empregue menos.

Unha solución está en empregar a motoserra como único equipo de traballo para facer vigas, pilares, ou táboas das árbores in situ, e dicir, alí onde se tala a árbore se transforma en produtos moi valiosos para facer restauracións de casas, ou pequenas obras de xardín.

Neste taller práctico faranse as operacións necesarias para obter madeira de calidade que se pode empregar en pequenas construcións, co uso, tan só, de motoserras.

PROGRAMA:

OPTIMIZACIÓN DE CORTES PARA FABRICACIÓN DE VIGAS E TÁBOAS. O LIMADA DA CADEA PARA USO DE ASERRADERO. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL. ASERRADO CON MOTOSERRA

ASERRADO CON MOTOSERRA CONTINUACIÓN