

Programa da UE creado para apoiar a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa. Apoia tamén as accións, as coperacións e ferramentas coherentes coa Estratexia Europa 2020 e as súas iniciativas como Xuventude en Movemento e a Axenda de novas cualificacións e empregos.
Contribúe a acadar os obxectivos do Marco Estratéxico para a Educación e a Formación para a cooperación europea en educación y formación e a Estratexia Europea para a Xuventude, apoiándose nos métodos abertos de coordinación.
Destacamos que no ámbito da xuventude, Erasmus + apoia a seguintes accións principais:
1- No marco da Acción Clave 1: mobilidade das persoas xóvenes e das persoas traballadoras no ámbito da xuventude en cooperación cos países asociados veciños da UE.
2.- No marco da Acción Clave 2: a través de proxectos de desenvolvemento das capacidades no ámbito da xuventude. Cooperación e mobilidade.
3.- No Marco da Acción Clave 3: a través do Proxecto de diálogo da xuventude co que se busca a implicación da xente xoven e as organizacións xuvenís.
O CFEA GUÍSAMO é beneficiario do Erasmus+ 2020-1-ES01-KA103-080369 a desenvolver no período do 01/06/2020 a 31/05/2022.
O obxectivo principal deste proxecto é facilitar a inserción laboral da mocidade proporcionando a posibilidade de coñecer o mercado de traballo, adquirir experiencia laboral, desenvolver capacidades de autonomía e independencia e ao mesmo tempo mellorar as habilidades lingüísticas e comunicativas nun idioma distinto ao materno.
A actividade consiste en realizar prácticas laborais non remuneradas durante 60 días nunha empresa estranxeira axeitada ao perfil profesional da persoa participante .
ACTIVIDADE TIPO: | mobilidade de estudantes para prácticas en países do programa. |
NÚMERO DE PARTICPANTES: | 6 |
DURACIÓN: | estadías de 3 meses |
DIRIXIDO A: | Alumnado do C.S. Paisaxismo e Medio Rural |
DOCUMENTOS:



LIGAZÓNS DE INTERESE:
PORTAL GALICIA:
http://www.edu.xunta.es/fp/programas-europeos
PORTAL ERASMUS+ ESPAÑA:
http://www.sepie.es/educacion-superior/index.html
ENTIDADE INTERMEDIARIA: