A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado), e Froiticultura do ano 2021 que se desenvolven en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo-A Coruña). As inscricións deberán realizarse nos formularios da páxina web www.juanadevega.org donde tamén se pode descargar os calendarios dos cursos 2021. (Prema nos botóns inferiores segundo o curso no que esteas interesado). As 20 prazas existentes para cada un dos cursos cubriranse por orde de inscrición ata o 12 de febreiro e darase prioridade ao alumnado matriculado en 2020, o cal sufriu a suspensión do curso por mor da COVID-19. Para calquera dúbida ou consulta, estamos á túa disposición en info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.43.37. Actividade pendente das posibles restriccións sanitarias das vindeiras semanas. |