Dentro do PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2020, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020 está prevista a realización dunha xornada de portas abertas: Sequeiro dentro do campo de ensaio: VARIEDADES DE CÁÑAMO E LIÑO que terá lugar nas instalacións do CFEA de Guísamo, Lg. Bos, 14 – Guísamo (Bergondo) o día 11 de decembro de 2020 de 10:00 a 12:00 horas.

As persoas interesadas en acudir á xornada de portas abertas deberán enviar antes do día 10 de decembro de 2020 un correo electrónico indicando no asunto o seguinte texto:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CÁÑAMO – (nome completo)

dito correo deberá ser envado ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal