O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO USO DA ROZADOIRA MANUAL – FC2023F115013

OBXECTIVOS:

O emprego da rozadoira manual está moi extendido no mundo tanto forestal como na xardinaría, ou mantemento de espazos verdes e traballos medioambientais. O seu uso non está exento de riscos tales como proxeccións de partículas, cortes, caídas ao mesmo e distinto nivel e ricos de tipo ergonómico. Cómpre, polo tanto, establecer procedementos de traballo seguros, emprego de equipos de protección individual, e técnicas de traballo que eviten os riscos. Tamén se está a falar ultimamente, de carnés profesionais europeos no uso da rozadoira manual.

Este curso está adicado a profesionais e persoas que queiran incorporarse a estas actividades seguindo criterios estrictamente na prevención de riscos no traballo.

PROGRAMA:

O equipo de protección individual. O arnés, regulación. Tipos de rozadoiras e equipos de corte.
Montaxe e desmontaxe dos elementos de corte. preparación para o traballo, sinalización. Procedementos de traballo. Prácticas de traballo en distintas situacións.
Continuación de prácticas de traballo con rozadoiras manuais. Mantemento básico da rozadoira.