O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

MANEXO DE MÁQUINAS-FERRAMENTAS ELÉCTRICAS NUN TALLER DUNHA EXPLOTACIÓN AGROFORESTAL – FC2023F115010

CALENDARIO:

  • 30 de outubro de 2023 de 16:00 a 20:00
  • 31 de outubro de 2023 de 16:00 a 20:00
  • 3 de novembro de 2023 de 16:00 a 20:00
  • 6 de novembro de 2023 de 16:00 a 20:00

OBXECTIVOS:

A necesidade de saber utilizar no día a día diversa ferramenta de taller para facer o mantemento e pequenas reparacións de instalacións, maquinaria, apeiros e diversa ferramenta que se usa no sector agroforestal. Para poder facer o mantemento e reparacións dunha forma correcta e inmediata sen perda de tempo, optimizando o rendemento no traballo e proporcionando un aforro en traballos relativamente sinxelos.
Na meirande parte das explotacións utilízanse diversas máquinas-ferramentas eléctricas de taller como trades manuais, trades de columna, rebarbadoras, serras de cinta, prensas, así como diversos tipos de soldaduras etc. Con esta ferramenta pódese facer un gran número de actividades, como son:
Mantemento de maquinaria e operacións de mecanizado básico.
Tradeado en instalacións (na parede de ladrillo, no formigón, en estruturas metálicas e de madeira, peches, en apeiros) sendo preciso coñecer o proceso correcto de manexo e mantemento tanto de trades manuais como de trades de columna, así coma o tipo de brocas, o ángulo de afiado, diámetros, etc.
Amolado en distintas superficies (formigón, metal, madeira) precisando coñecer os distintos tipos de discos (corte, desbaste, mixtos, de láminas, de arame, de lixado, etc.), así coma o proceso axeitado e seguro para a súa utilización e mellor manexo das rebarbadoras angulares e rectas tanto eléctricas, de batería ou pneumáticas.
Serrado en distintos materiais (madeira, ferro, pvc,), sendo preciso coñecer os tipos de serras de cinta, o material a traballar e o proceso axeitado e seguro do manexo e mantemento.
Soldadura por arco eléctrico con eléctrodo revestido, en instalacións, máquinas, apeiros e ferramentas, sendo preciso coñecer os distintos materias metálicos cos que se pode traballar, os tipos de eléctrodos existentes e o proceso correcto de soldeo e seu manexo axeitado.
A xustificación da presente proposta baséase na necesidade de facer unha boa utilización da diversa ferramenta eléctrica presente nun pequeno taller dunha explotación agroforestal como son as trades manuais e de columna, as rebarbadoras, as serras de cinta, prensas, equipos de soldadura, compresor de aire etc., que posúen ou poden chegar a posuír a meirande parte das persoas que traballan no sector agroforestal, precisando polo tanto a optimización no uso destas máquinas-ferramentas, así como un manexo seguro.

PROGRAMA:

Tarefas de perforado abelanado e roscado co trade
Tarefas de desbarbado e corte por medio dunha amoladora
Tarefas de serrado e esmerilado
Tarefas de soldadura de diversos materiais