O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

TALLER PRÁCTICO DE SOLDADURA POR TERMOFUSIÓN APLICADA A MONTAXE DE TUBAXES DE REGA – Cód.: FC2023F115012

OBXECTIVOS:

O CFEA de Guísamo estase a consolidar coma un centro de referencia nas ensinanzas coa xardinaría, o paisaxismo e o coidado do medio rural.
Dende o curso 2011-12 impártese o grao medio de Técnico en xardinaría e floraría segundo o Decreto 101/2011. Nestas titulacións, os alumnos reciben unha importante carga lectiva orientada ó coñecemento das instalacións de rega nos labores de xardinaría. Con todo é interesante para estes profesionais ter unha reciclaxe no seu coñecemento e procurando unha maior correccións nos traballos de xardinaría.
Este taller ten como obxectivo aprender as técnicas da soldadura por termofusión, xa que é un método moi empregado e demandado polas empresas de xardinaría.
Trátase de adquirir unhas destrezas básicas na instalación de tubaxes de rega empregando para a súa unión a soldadura por termofusión.

Así, os obxectivos son:
Coñecemento da maquinaria necesaria para aplicar soldadura por termofusión
Adquirir un nivel de destreza básico no emprego da mesma.

PROGRAMA:

Presentación e demostración do funcionamento da soldadura por termofusión.
Realización práctica de unión de tubaxes de rega empregando soldadura de termofusión