O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

TALLER TEMÁTICO SOBRE MANTEMENTO DE MAQUINARIA E ÚTILES DE XARDINARÍA E ARBORICULTURA – Cód.: FC2023F115011

OBXECTIVOS:

O CFEA de Guísamo estase a consolidar coma un centro de referencia nas ensinanzas coa xardinaría, o paisaxismo e o coidado do medio rural.

Dende o curso 2011-12 impártese o grao medio de Técnico en xardinaría e floraría segundo o Decreto 101/2011. Nestas titulacións, os alumnos reciben unha importante carga lectiva orientada ó coñecemento das máquinas e ferramentas empregadas nos labores de xardinaría. Con todo é interesante para estes profesionais ter unha reciclaxe no seu coñecemento e procurando unha maior correccións nos traballos de xardinaría.

Este taller ten como obxectivo revisar os principais aspectos a ter en conta no mantemento das ferramentas de uso máis cotiá en xardinaría e no coidado das especies arbóreas e arbustivas (cortacéspede, escarificador, tesoiras, cortabordos, cortasetos, etc.). Trátase de identificar os problemas e darlles a mellor solución.

Trátase de adquirir unhas destrezas básicas na posta a punto das principais máquinas e útiles de xardinaría empregados no mantemento de zonas verdes, de xeito que os traballadores neste sector poidan acadar un maior nivel de especialización nesta materia.

Así, os obxectivos son:

Revisión dos principais útiles de xardinaría empregados nos labores de mantemento de áreas verdes.

Identificación das avarías máis comúns

Demostración práctica da posta a punto das seguintes ferramentas:

Tesoiras de poda: afiado, limpeza e engraxado

Cortacéspede e escarificadora: afiado das coitelas, mantemento de motor e embrague.

Rozadoras e cortabordos: mantemento dos motores de 4 tempos e de 2 tempos, cambios de fíos, revisión de embragues, etc.

PROGRAMA:

Mantemento de distinta maquinaria de poda
Mantemento de máquinas segadoras
Mantemento de máquinas relacionadas coa escarificación, sega, rozadoras e cortabordos.
PRL-primeiros auxilios. Introdución á tipoloxía das máquinas e ferramentas
Introdución ao mantemento das distintas ferramentas de poda (afiado e desinfección)
Mantemento das distintas ferramentas de poda (afiado e desinfección)