As iniciativas que se van a premiar deben cumplir estes dous requisitos:
- Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que estean executadas con caracter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución.
Exclúense destes premios as iniciativas:
- Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelezamento do medio rural.
- Que se desenvolvan nos sectores da pesca e da acuicultura.
- Que estean relacionadas coa exportación a terceiros paises ou a estados membros.
O importe do premio é de 10.000 €
As categorías que serán premiadas son as seguintes:
- Categoría xuventude, para as iniciativas levadas a cabo por persoas xoves, que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e o da súa poboación. A estes efectos, terá a consideración de mozo quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas xurídicas, cando alomenos o 25% dos seus membros cumpran este requisito.
- Categoría paisaxe rural, para as iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario.
- Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado do nosos maiores.
- Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.
- Categoría sector agrogandeiro, para as iniciativas desenvoltas dentro dos sectores da gandería, agricultura e/ou transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.
- Categoría mulleres, para as iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas, no medio rural, dende unha óptica de igualdade e progreso, na que sexan fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.
- Categoría innovación tecnolóxica, para as iniciativas desenvoltas no rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para disminuir costes, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para ser máis rápidas na súa introdución no mercado.
- Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria, para as iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que están infrautilizadas.
Forma de presentación
Vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica de la Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR709A
As persoas físicas non obrigadas á presentación electrónica tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente en cualquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Na web de Agader.
Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.
No teléfono 981 545 858 de Agader.
De forma presencial en Agader, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 545 858.