O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

PRODUCIÓN DE COGOMELOS SOBRE TRONCOS DE MADEIRA DE CASTIÑEIRO E CARBALLO

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

OBXECTIVOS:

O cultivo de cogomelos é unha actividade con grandes posibilidades, os niveis de consumo dos mesmos levan moitos anos medrando, pero ademais as tendencias de consumo están a mudar, de xeito que cada vez se demanda máis cantidade de especies de cogomelo que non só teñen valor organoléptico, senón tamén propiedades medicinais. Moitos destas especies de cogomelo poden ser cultivadas sobre madeira, polo que, coa rápida evolución da demanda cara estas especies, ábrese a posibilidade de explotación de cultivos de cogomelos na modalidade sobre troncos, mentres que o cultivo de champiñon, especie que dominaba anteriormente o mercado en Europa, faise en cámaras de xeito moito máis intensivo. O cultivo de cogomelos sobre troncos e unha opción de cultivo semiintensiva que require moi pouca inversión inicial, aporta a posibilidade de aproveitar recursos propios, e ecolóxica, xera pouco impacto ambiental e produce cogomelos con mellores cualidades que os producidos nun sistema máis intensivo como sería o cultivo en cámaras. Ademais as condicións climatolóxicas de Galicia, con temperaturas mornas e elevada pluviometría, son moi axeitadas, mentres que nos nosos montes medran en abundancia madeiras viables para o cultivo que
aportan rendementos moi baixos cos aproveitamentos que se coñecen ata agora para elas. Polo tanto o cultivo sobre troncos é unha opción moi axeitada para pequenos produtores, os cales con unha inversión moi reducida poden poñer en marcha un cultivo que lles permitirá poñer en valor os seus propios recursos e entrar no mercado como produtores de cogomelos.

PROGRAMA

bioloxía fungos-micelio-cogomelos cultivo e especies
madeira-inoculación-incubación-produción-colleita e postcolleita
taller de inoculación de shiitake e outros cogomelos