O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

TALLER TEMÁTICO SOBRE MANTEMENTO DE MAQUINARIA E ÚTILES DE XARDINARÍA E ARBORICULTURA

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

Dar a coñecer os diversos recursos na rede para desenvolver accións de marketing dixital e

Revisión dos principais útiles de xardinaría empregados nos labores de mantemento de áreas verdes.
Identificación das avarías máis comúns
Demostración práctica da posta a punto das seguintes ferramentas:
Tesoiras de poda: afiado, limpeza e engraxado
Cortacéspede e escarificadora: afiado das coitelas, mantemento de motor e embrague.
Rozadoras e cortabordos: mantemento dos motores de 4 tempos e de 2 tempos, cambios de fíos, revisión de embragues, etc.

PROGRAMA:

Mantemento das distintas ferramentas de poda
Mantemento de máquinas segadoras
Mantemento de máquinas relacionadas coa escarificación, sega, rozadoras e cortabordos.
PRL-primeiros auxilios. Introdución á tipoloxía das máquinas e ferramentas

Calendario
Data Horario
17/10/2022 16:00 a 20:00
18/10/2022 16:00 a 20:00
19/10/2022 16:00 a 20:00
20/10/2022 16:00 a 20:00
21/10/2022 16:00 a 20:00