
O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:
FFC2022F115012 – PLAN DE MARKETING DIXITAL PARA COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS
Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:
OBXECTIVOS:
Dar a coñecer os diversos recursos na rede para desenvolver accións de marketing dixital e comercialización dos produtos agroalimentarios.
Desenvolver contidos teóricos e prácticos relacionados co deseño de páxinas web e de creación de contidos nas redes sociais mais empregadas na actualidade. (canle youtube, instagram, facebook, linkedin)
Brindar as pautas para a elaboración dun plan de comunicación estratéxica on line para a comercialización de produtos agroalimentarios.
PROGRAMA:
- Elabora o teu plan de marketing: (4 horas)
Análise da situación
Concretar os obxectivos.
Estratexia de comunicación e de redes sociais.
Tácticas.
Plan de acción.
Control de resultados e ferramentas. - Usabilidade de redes sociais: (6 horas)
Instagram: Uso da rede social como empresa. Instagram Stories. Creación de contidos. Medir métricas.
Facebook: Uso da rede social como empresa. Creación de contidos. Medir métricas.
Whatsapp Business. Uso como empresa e coñecer o seu potencial.
Aprende a elaborar calendarios de publicación e a programar.
Facebook e Instagram Ads: Campañas de anuncios. - Deseño gráfico e fotografía para redes sociais: Manexo do
programa CANVA: Aprende a deseñar contido sen ter
coñecementos de deseño gráfico. (4 horas) - Ideas de contido: O contido é o rei de internet.
- Redacción de textos para redes sociais: Exercicios. (2 horas)
- Aplicando todo o aprendido, planifica o teu calendario de
publicacións. (4 horas)
Máis información no teléfono 881 881 043
