O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC20FC2022F115007 – O ARTE FLORAL COMO MOTOR DINAMIZADOR DA PRODUCIÓN DE FLOR CORTADA EN GALICIA.

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

Tratarase de fomentar a incorporación ao sector agrario de floricultores consolidando a produción de especies convencionais e incluíndo novas especies que se están a utilizar cada vez máis en flor cortada e analizar as condicións desta zona para a súa produción.

Poñer de manifesto a importancia do cultivo da flor de tempada facendo fincapé nos novedosos medios de comercialización a través de redes sociais, venta online ou calquera outra ferramenta que nos proporcionen as novas tecnoloxías adaptadas á comercialización dos productos agrarios.

PROGRAMA:

Evolución histórica. (María José Manivesa – Presidenta de Agroflor)
Produción en cifras. retos actuais (María José Manivesa – Presidenta de Agroflor)
Novas especies: proteas (Jesús Fernández Álvarez – Enxeñeiro Agrónomo profesor do IES de Luces – Colunga – Asturias)
Flor de tempada: empaquetamento e comercialización (Verónica Souto – Floradeira)
Práctica sostible en elaboración de arranxos florais (Verónica Souto – Floradeira)
Visita a unha explotación de produción de peonía en Mesía. (Álvaro Moital Davila – Horta ecolóxica O Devalo)

Calendario e Horario:

Día horario
06/09/2022 10:00 a 14:00
08/09/2022 10:00 a 14:00
13/09/2022 15:30 a 19:30
16/09/2022 09:00 a 14:00


Máis información no teléfono 881 881 043