
O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:
FC2022F115011 – TALLER DE NOVAS ALTERNATIVAS PRODUTIVAS NO SECTOR DA HORTA E AS SÚAS PRIMEIRAS TRANSFORMACIÓNS
Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

OBXECTIVOS:
O obxectivo principal é contar con produtores e técnicos especializados nas técnicas e procesos produtivos de cultivos hortícolas alternativos ás producións maioritarias na horta galega.
Con este taller pretendemos amosar alternativas que permitan a diversificación das producións hortícolas tradicionais con cultivos cunha demanda en auxe no mercado para poder satisfacer esas novas demandas. Ademais tratar de brindar a oportunidade dunha mellor valorización dos produtos agrarios producidos nas pequenas explotacións acadando unha formación en técnicas de primeiras transformacións sinxelas, que poden aportan un considerable valor engadido como un elemento básico de competitividade.
PROGRAMA:
Variedades locais galegas de horta con rexistro na lista española.
Variedades de horta para cuarta gama como babyleaf e outras novas variedades e formas de cultivar.
Outras Crucíferas: bimi,…en agricultura rexenerativa.
Producción e comercialización de horta por Agrodayca SC.
Elaboración de deshidratados, marmeladas e conservas.
Calendario e horario:
Día Horario
20/06/2022 16:00 a 20:00
21/06/2022 16:00 a 20:00
22/06/2022 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00
Máis información no 881 881 043