As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
Calendario de admisión
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
- Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
- No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
- Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
- No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).
Máis información na web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: https://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral
Oferta de ciclos formativos de Formación Profesional
Publicada a oferta de ciclos formativos de formación profesional para o vindeiro curso 2022-2023. A oferta deste CFEA de Guísamo é:
RÉXIME ORDINARIO:
CS Paisaxismo e Medio Rural (25 prazas)
RÉXIME MODULAR MODALIDADE A DISTANCIA:
CM Xardinaria e Floraría (50 prazas por módulo)
CS Paisaxismo e Medio Rural (50 prazas por módulo)
Máis información na web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.