Trébore Jardinería forma parte do Grupo Trébore que é un grupo de empresas de economía social creado, dirixido e xestionado pola Fundación Paideia Galiza dende o ano 2000. Surxe dende a necesidade de crear unha plataforma de formación e acceso ao emprego, dirixida a persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e como paso previo á inserción no emprego ordinario.

Desenvolve a súa actividade productiva e formativa no campo do Deseño Gráfico e Regalo de empresa, o Mantemento de Instalacións e a Xardinaría e o Viveirismo. Nesta última área colabora ademáis con Viveros Borrazás, un viveiro de exposición e venda de plantas, árbores ornamentais e froiteiras.