O obxectivo do Programa CULTIVA é ofrecer aos xóvenes agricultores e gandeiros formación práctica en explotacións modelo de acollida a través de estancias formativas, onde teñan a oportunidade de adquirir e consolidar in situ coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que poidan aplicar no desenvolvemento da súa propia actividade agraria.
As estancias formativas, desenvoltas en territorio nacional e por períodos de entre 5 e 14 días de duración, ofrecen aos xóvenes 7 horas de formación diaria sobre diferentes temáticas, como a planificación e xestión económica e financieira das explotacións e o emprego de tecnoloxías dixitais, entre outras.
A orde completa da convocatoria de 2022 estará dispoñible no espazo do Programa CULTIVA na web do MAPA na seguinte ligazón: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/jovenes-rurales/visitas-formativas/default.aspx
Neste apartado web poderase consultar o manual informativo do Programa CULTIVA , así como as instrucións de solicitude para as entidades.
A nova orde de convocatoria para o exercicio 2022 inclúe lixeiros cambios respecto da orde de 2021, onde se destacan:
- Prolongarase o período de execución das estancias ata xuño de 2023 (incluído) e da xustificación ata agosto de 2023 (tamén incluído).
- Incrementarase o límite de gastos de coordinación das entidcades beneficiarias.
- Simplificarase o requisito de produción similar entre a explotación do xoven e a explotación modelo de acollida facilitando a formación na diversificación da produción.