O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC2022F115004 – ENXERTA DE PRIMAVERA – OLLO VELANDO

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

Detéctase a necesidade de formar aos profesionais titulares de explotacións e persoas con intención de integrarse profesionalmente no mundo da agricultura, nas técnicas dos distintos enxertos a realizar tanto na froiticultura como nas plantas ornamentais, leñosas e semileñosas.
O curso constará dunha sesión teórica onde se explicarán a utilidade e necesidade de facer enxertas así como nos distintos tipos de enxerta que se poden realizar tendo en conta os parámetros que se deben considerar: tipos de madeira (duras e blandas, compatibilidade entre distintas especies vexetais…)

PROGRAMA:

DÍA 1 – TEORÍA
¿Qué é un enxerto?
Patrón e enxerto
Razones para recurrir ao enxerto
Aspectos biolóxicos e técnicos do enxerto
Afinidade e compatibilidade
Épocas para realizar o enxerto: ollo velando e ollo durmido
Condiciones do éxito do enxerto
Material para facer o enxerto
Afilado e mantemento da ferramenta
Cuidados durante o proceso. La técnica. Cuidados posteriores do enxerto.
Tipos de enxerto:
Enxertos de xema: de escudete – de parche – de canutillo o anillo – de chip
Enxertos de púa: de fendedura – Inglés – de incrustación – de costado enchapado – de coroa
O atado do enxerto
Enxerta de taller con máquina con corte de omega.

DÍA 2 – 3 – 4 – 5 – PRÁCTICA
Durante estes catro días os alumnos, ca supervisión, e tras as demostracións pertinentes dos mestres farán prácticas dos distintos tipos de enxerto adecuados á época de realización do cursillo. As prácticas consistirán na preparación dos elementos a enxertar: xemas e púas, e a colocación e atado dos distintos elementos sobre o patrón.


Máis información no teléfono 881 881 043