As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Calendario do Período ordinario de admisión

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan prazas vacantes ao final do proceso.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Oferta formativa do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo

Podes acceder á oferta completa de FP para o curso 2021-2022: http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).

Máis información sobre o proceso de admisión na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal/fp – #FPGalicia