
O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:
TALLER PRÁCTICO. SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA. TÉCNICAS DE TREPA. CÓDIGO FC2023F115005

OBXECTIVOS:
- Coñecer e manexar as diferentes técnicas de acceso, posicionamento e descenso na trepa de árbores.
- Coñecer e manexar os distintos EPIs, características, funcións, homologación e resistencia.
- Coñecer e interpretar a lexislación vixente, adaptando, xustificando e aplicando á trepa.
- Coñecer e manexar os principais nós empregados en arboricultura
- Coñecer as técnicas básicas de autorescate e rescate na árbore
- Coñecer e aplicar os 1º auxilios no caso de accidentes máis frecuentes.
- Coñecer e manexar o procedemento de certificación dun anclaxe principal e a colocación do dispositivo de anclaxe principal ou provisional.
- Coñécer e manexar os ángulos de un reenvío de zona de traballo e as técnicas para evitar e previr os péndulos durante os desprazamentos en copa.
- Coñecer as causas e consecuencias do síndrome do arnés e a súa prevención.
- Coñecer os cortes básicos de poda
- Coñecer o factor de caída e as forzas de choque xeradas nunha caida a diferente nível e a súa prevención.
PROGRAMA:
Normativa e lexislación aplicable nos traballos de trepa. Materiais empregados en arboricultura.
Principais nós empregados en arboricultura. Iniciación á confeción de gazas.
Primeiros auxilios. PAS. Síndrome do arnés. Botiquín básico
Eleción de anclaxe. Colocación recuperación de salvacambium de aneis e de polea. Colocación de corda de trepa. Acceso en dDRTcon bodytrash e a pulso.
Acceso en dDRTcon Hass. Acceso con puño doble e variantes
Montaxes para rescate. Demostracións.
Desprazamentos en copa. Retorno.Utilización de nós mecánicos en dDRT. Reenvíos.
Técnicas de acceso en SRT. Montaxes.
Técnicas de acceso: Rope wrench. Zig zag.Akimbo. Rope runner.
Desprazamentos en copa. Reenvíos.
Outras técnicas de traballo: Bicicleta e Espuelas de trepa