O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de transferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2025. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:
TALLER PRÁCTICO. SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA. TALA E APEO. código FC2023F115006
OBXECTIVOS:
- Coñecer o marco normativo de traballos de trepa.
- Recoñecer os riscos asociados aá tala e apeo controlado.
- Coñecer os diferentes materiais empregados, características, funcións, homologación e resistencia.
- Coñecer as diferentes técnicas empregadas.
- Coñecer as diferentes forzas de choque, xeradas no impacto, retención, disipación e freado das trozas.
- Coñecer os nós empregados.
- Coñecer e practicar as diferentes montaxes necesarias en función das características da árbore, entorno,…
PROGRAMA:
Normativa e lexislación aplicable nos traballos de trepa. Materiais empregados nos traballos de tala e apeo.
Principais nós empregados nos traballos de tala e apeo.
Montaxes de apeo e tala. Freos, poleas e rings. Tirolinas.
Sistemas de acceso e aseguramento. Espuelas de trepa.Distribución de cargas. Factor de caída. Marxes de seguridade.
Técnicas de corte. Demostración de apeo.