O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC2022F115019 – TALLER PRÁCTICO DE EMPREGO DE QGIS NO SECTOR AGROFORESTAL

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

Adquirir os coñecementos necesarios para a iniciación nos Sistemas de Información Xeográfica.
Ver a importancia e utilidade dos Sistemas de Información Xeográfica ( GIS) no estudo e xestión de variables aplicables o sector agroforestal.
Facilitar a comprensión dos conceptos esenciais do manexo de QGIS, e dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) en xeral.
Dar a coñecer as ferramentas clave da contorna de QGIS para o correcto uso de información vectorial e ráster para a elaboración de análises espaciais complexos.
Realizar exercicios prácticos sobre diferentes aplicacións no sector agroforestal SIG e a súa resolución paso a paso.

PROGRAMA:

Iniciación nos Sistemas de Información Xeográfica.
Importancia e utilidade dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) no estudo e xestión de variables aplicables o sector agroforestal.
Conceptos esenciais do manexo de QGIS e dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) en xeral.
Ferramentas clave da contorna de QGIS para o correcto uso de información vectorial e ráster para a elaboración de análises espaciais complexos.
Realización de exercicios prácticos sobre diferentes aplicacións no sector agroforestal SIG e a súa resolución paso a paso.


Máis información no teléfono 881 881 043