O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC2022F115023 – MANEXO DE MÁQUINAS-FERRAMENTAS ELÉCTRICAS NUN TALLER DUNHA EXPLOTACIÓN AGROFORESTAL

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

  • Adquirir destrezas no uso de ferramenta de taller co obxectivo de facer o mantemento e pequenas reparacións en instalacións, maquinaria, apeiros e diversa ferramenta que se usa no sector agroforestal. Deste xeito poder facer o mantemento e as reparacións dunha forma correcta e inmediata, nun entorno de seguridade de de prevención de riscos laborais, sen perda de tempo, optimizando o rendemento no traballo e proporcionando un aforro en traballos relativamente sinxelos.

PROGRAMA:

Sesións prácticas presenciais de cada un dos epígrafes seguintes:

Tarefas de perforado, abelanado e roscado co trade
Tarefas de desbarbado e corte por medio dunha amoladora
Tarefas de serrado e esmerilado
Tarefas de soldadura de diversos materiais


Máis información no teléfono 881 881 043