O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC2022F115021 – ASPECTOS BÁSICOS DO MANTEMENTO E MANEXO DO TRACTOR E DOS APEIROS

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

  • Preténdese dar idea, de como reducir e detectar os síntomas que algunhas avarías producen, e no seu caso, ou ben reparalo na propia explotación, ou ben levar o vehículo ao taller onde poidan reparalo antes de que o dano sexa maior.

PROGRAMA:

Sesións prácticas dos epígrafes seguintes:

Fundamentos do funcionamento e manexo do tractor. Prevención de Riscos Laborais.
Operacións de mantemento básico do tractor.
Enganche e desenganche de apeiros. Tripuntal, Toma de forza, hidráulicos…
Elección , uso e mantemento de rozadoras


Máis información no teléfono 881 881 043