O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:

FC2022F115016 – TALLER TEMÁTICO SOBRE XARDINARÍA ECOLÓXICA E CONTROL BIOLÓXICO

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

https://foagro.xunta.gal

OBXECTIVOS:

  • Coñecer as técnicas empregadas en xardinaría ecolóxica
  • Coñecer os conceptos e os métodos de control biolóxico das principais pragas presentes en xardinaría e aplicar o control biolóxico en xardinaría
  • Coñecemento da normativa europea e española

PROGRAMA:

PARTE TEÓRICA
Principais pragas. Normativa
Concepto e métodos de control biolóxico
PARTE PRÁCTICA
Aplicación do control biolóxico
Técnicas empregadas na xardinaría ecolóxica


Máis información no teléfono: 881 881 043