O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

TALLER DE EXECUCIÓN DE CERRAMENTOS EN PARCELAS AGRÍCOLAS E FORESTAIS. PECHES TRADICIONAIS EN ANCARES

Data: 12, 13 e 14 de novembro de 2021
Horario:
12/11/2021 DE 15:00 A 19:00
13/11/2021 DE 09:00 A 14:00 E DE 15:30 A 18:30
14/11/2021 DE 09:00 A 13:00
Lugar: CASA QUINDÓS VILELA – PARROQUIA DE SON – NAVIA DE SUARNA

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal