Céntrase na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego, recentemente impulsada pola Consellaría do Medio Rural, que aprobou o seu Regulamento e nomeou o seu Consello Regulador provisorio. A IXP Pan Galego protexe o pan de trigo elaborado de xeito tradicional en Galicia. Un pan cunha calidade diferencial debida á súa orixe, ingredientes e forma de elaboración. Os seus atributos de calidade específicos derivan do cumprimento dun prego de condicións, que será controlado pola Agacal, o que supón unha garantía da súa autenticidade para as persoas consumidoras que axiña poderán atopar nos puntos de venda Pan Galego.