Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de MARQUETING DIXITAL E REDES SOCIAIS PARA A COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS, cunha duración de 10 horas.

Datas e horario:

do 26 ao 28 de outubro de 2020

Horario de impartición:
día 26 de outubro de 15:00 a 19:00 horas
días 27 e 28 de outubro de 15:00 a 18:00 horas

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal