
Dentro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do taller práctico: A ANÁLISE SENSORIAL: O CONTROL DE CALIDADE NO XÉCULO XXI , cunha duración de 5horas.
Data: 18 de novembro de 2019
Horario: de 10:00 a 15:00
Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo
Lg, Bos, 14 (Estrada N-VI, Km. 581) – Guísamo (Bergondo)
Para acudir a esta actividade débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal