Dentro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do taller práctico: DIFERENTES CASOS PRÁCTICOS DE APROVEITAMENTOS E POSIBLES TRANSFORMACIÓNS PARA A SÚA VALORACIÓN DE MADEIRAS PROVENIENTES DO MEDIO RURAL E ÁREAS PERIURBANAS CON POSIBILIDADE DE XERACIÓN DE BIOECONOMÍA.

Datas: 12 e 13 de novembro de 2019

Horario: de 16:00 a 21:00

Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo

Lg, Bos, 14 (Estrada N-VI, Km. 581) – Guísamo (Bergondo)

Para acudir a esta actividade débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal