Dentro do PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2021, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020 está prevista a realización dunha xornada de portas abertas do CAMPO DE DEMOSTRACIÓN DE PRODUCIÓN DE SEMENTE DE VARIEDADES AUTÓCTONAS DE TOMATE E PEMENTO que terá lugar nas instalacións do CFEA de Guísamo, Lg. Bos, 14 – Guísamo (Bergondo) o día 27 de outubro de 2021 de 10:00 a 12:00 horas.

As persoas interesadas en acudir á xornada de portas abertas deberán enviar antes do día 26 de outubro de 2021 un correo electrónico indicando no asunto o seguinte texto:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS SEMENTES – (nome completo)

dito correo deberá ser envIado ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal