O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

PRODUCIÓN DE COGOMELOS SOBRE TRONCOS DE MADEIRA DE CASTIÑEIRO E CARBALLO

Data: do 12 ao 14 de novembro de 2021 (atención novas datas actualizado o 08/10/2021)
Horario: de 09:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.
Lugar: Folgoso do Courel

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal