O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

ARQUITECTURA ARBÓREA E INTELIXENCIA VEXETAL

Data: 25 de outubro de 2021 NOVA DATA: Domingo, 7 de novembro de 2021
Horario: de 17:00 a 19:00
Lugar: WEBINARIO ONLINE ou presencial no salón de actos do CFEA de Guísamo. (O ponente impartirá a docencia por teleconferencia).

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal. Admitiranse novas solicitudes ata o día 4 de novembro ás 14:00 horas.