
O CFEA de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (Accións de trasnferencia de coñecementos e información -art. 14-. Submedida: 1.1 apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% Feader) sobre:
FC2022F115002 – SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA. TALA E APEO CONTROLADO DE ÁRBORES CON TÉCNICAS DE TREPA
Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente co sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Para participar nesta actividade é necesario presentar a pre-solicitude na oficina virtual de medio rural a través da seguinte ligazón:

OBXECTIVOS:
- Coñecer o marcos normativo de traballos de trepa.
- Recoñecer os riscos asociados aá tala e apeo controlado.
- Coñecer os diferentes materiais empregados, características, funcións, homologación e resistencia.
- Coñecer as diferentes técnicas empregadas.
- Coñecer as diferentes forzas de choque, xeradas no impacto, retención, disipación e freado das trozas.
- Coñecer os nós empregados.
- Coñecer e practicar as diferentes montaxes necesarias en función das características da árbore, entorno
PROGRAMA:
Normativa e lexislación aplicable nos traballos de trepa. Materiais empregados nos traballos de tala e apeo.
Principais nós empregados nos traballos de tala e apeo.
Montaxes de apeo e tala. Freos, poleas e rings. Tirolinas.
Sistemas de acceso e aseguramento. Espuelas de trepa.
Distribución de cargas. Factor de caída. Marxes de seguridade.
Técnicas de corte. Demostración de apeo.
Máis información no teléfono 881 881 043