O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA. INTRODUCIÓN ÁS TÉCNICAS DE TREPA

Data: do 5 ao 7 de novembro de 2021
Horario: de 09:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.
Lugar: Vilela – Son – Navia de Suarna

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal