O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

TÉCNICAS BÁSICAS DE TALA, TRONZADO E DECOTADO DE ÁRBORES. MANTEMENTO DA MOTOSERRA (26 horas)

Datas: 17 – 18 – 24 – 25 de setembro de 2021
Horario: os venres de 16:00 a 21:00 e os sábados de 08:00 a 16:00
Lugar: CFEA de Guísamo (Lg. Bos, 14 – Guísamo – Bergondo)

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal