O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias (1 M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14). Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75 % Feader) sobre:

APLICACIÓN DO GPS NO SECTOR AGROFORESTAL (30 horas)

Datas: 08 – 09 – 10 -13 – 14 -15 de setembro de 2021
Horario: de 09:00 a 14:00
Lugar: CFEA de Guísamo (Lg. Bos, 14 – Guísamo – Bergondo)


Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, Industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de Incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Para inscribirse nesta actividade débese enviar o formulario solicitude de asistentes cuberto ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal