
Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de TÉCNICAS DE ANÁLISE BÁSICA DE MOSTOS E VIÑOS PARA ADEGUEIROS E VITICULTORES, cunha duración de 10 horas.
Datas e horario:
Calendario: 29 e 30 de outubro de 2020
Horario de impartición: de 16:00 a 21:00
Lugar: CFEA de Guísamo
Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal