Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de TALLER TEMÁTICO SOBRE DRONS PARA O SEU EMPREGO CON FINES DIDÁCTICOS NA FORMACIÓN PROFESIONAL AGRARIA, cunha duración de 15 horas.

Datas e horario:

28 – 29 – 30 DE OUTUBRO DE 2020


Horario de impartición:

1ª e 2ª xornada de 15:00 a 20:00
a xornada da parte práctica: un grupo de 09:00 a 14:00 e outro de 15:00 a 20:00

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal