Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de NOVAS TECNOLOXIAS NA AGRICULTURA: O EMPREGO DE DRONS EN LABORES AGRICOLAS E FORESTAIS, cunha duración de 8 horas.

Datas e horario:

Venres, 9 de outubro de 2020
Horario de impartición: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Lugar: CFEA de Guísamo

Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal