
Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2020 aprobado pola Consellería do Medio Rural está prevista a realización do curso de PEQUENAS INSTALACIÓNS DE REGA: COMPOÑENTES, REPLANTEO E MONTAXE, cunha duración de 20 horas.
Datas e horario:
do 21 ao 25 de setembro de 2020 de 16:00 a 20:00 horas
Lugar: CFEA de Guísamo
Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal