Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.
Réxime para as persoas adultas
O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:
– Modelo de documento en formato PDF
Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP».
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.
Modalidade distancia
- Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
– Listaxe nos módulos de grao medio
– Listaxe nos módulos de grao superior