Dentro do Plan de Formación ao Agro Galego 2019 aprobado pola Consellería do Medio Rural está previsto a realización do curso de SEGURIDADE NOS TRABALLOS DE ARBORICULTURA. INTRODUCIÓN ÁS TÉCNICAS DE TREPA, cunha duración de 20 horas.
Datas: 21, 22, 23 e 24 de outubro de 2019
Horario: de 16:00 a 21:00
Lugar: CFEA de Guísamo
Para acceder a esta formación débese presentar a solicitude cuberta dirixida ao CFEA de Guísamo ou ben enviala por correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.gal