Ciclo formativo de Grao Superior de Formación Profesional que proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humáns dispoñibles, aplicando criterios de rendabilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.
MÓDULOS | |
1º Curso | 2º Curso |
Botánica agronómica. Xestión e organización do viveiro. Fitopatoloxía. Topografía agraria. Maquinaria e instalacións agroforestais. Conservación de xardíns e céspedes deportivos. Formación e orientación laboral. | Planificación de cultivos. Xestión de cultivos. Deseño de xardíns e restauración da paisaxe. Empresa e iniciativa emprendedora. Proxecto de paisaxismo e medio rural. Formación en centros de traballo. |
DURACIÓN
dous cursos académicos que equivalen a 2000 horas dentro das que se inclúen 26 correspondentes ao Proxecto de Paisaxismo e Medio Rural e 384 correspondentes ao módulo de FCT.
TITULACIÓN: Técnico/a Superior de Paisaxismo e Medio Rural.
SAÍDAS PROFESIONAIS
Exercer a actividade na área de xestión en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, adicadas á instalación, restauración e mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica e produción de sementes e prantas en viveiro.
Organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa vixente.